O proxecto EC4RURAL continúa avanzando na implantación dos pilotos de España e de Estonia coa celebración dun obradoiro online no que os socios farán unha posta común do traballo realizado desde setembro pasado.
Este encontro virtual terá lugar o próximo martes, 11de xuño en dúas sesións:
- En España: de 12.00 a 13.30 e de 16.00 a 17.30 horas
- En Estonia: de 12.00 a 13.30 e de 13.30 a 14.30 horas
Na primeira parte, que será conxunta para ambos os dous países e en inglés, participarán a Universidade de Vigo (coordinadores), Sapiens Energia, Universidade de Tartu (UTARTU) e a Asociación de Cidades e Municipios de Estonia (AECM). A través das súas intervencións, os asistentes poderán facer unha radiografía do estado de implantación da enerxía comunitaria en relación ás enerxías renovables. Tamén se abrirá un debate sobre as barreiras atopadas en torno á introdución da transición enerxética e da enerxía comunitaria en ambos países e a nivel da UE.
As persoas interesadas poden conectarse aquí vía Zoom.
Evolución do piloto de Galicia
Na segunda parte, os obradoiros terán estarán diferenciados en cada país. No caso de España, a sesión será de 16.00 a 17.30 horas en galego e español, e xirará arredor da transición enerxética que EC4RURAL está impulsando nos 22 concellos galegos a través das comunidades enerxéticas. Os propios responsables municipais dos concellos de Entrimo, Avión (Ourense) e do Rosal (Pontevedra) conectaranse para contar en primeira persoa a súa experiencia.
A continuación, Sapiens Energia, fará un resumo de como se está desenvolvendo o proceso participativo en xeral. A través desta exposición poderanse analizar as fortalezas e debilidades no contexto galego para a transición enerxética, así como a definición de diagnósticos enerxéticos e plans comunitarios enerxéticos no contexto de Galicia.
As persoas interesadas poden conectarse aquí vía Zoom.
Evolución do piloto de Estonia
No caso de Estonia, a sesión será de 13.30 a 14.30 horas en estoniano e a Universidade de Tartu analizará tanto os puntos fortes e débiles no contexto estoniano para a transición enerxética como a definición da diagnose enerxética e dos plans estratéxicos comunitarios na súa realidade específica.
Ao final de ambas as dúas sesións, abrirase un diálogo entre os asistentes para identificar as boas prácticas na transición enerxética nas comunidades rurais.
As persoas interesadas poden conectarse aquí vía Teams
Aquí podes consultar o programa do obradoiro: