Quen somos
O proxecto EC4RURAL é un proxecto LIFE-2022-CET-ENERCOM cuxa idea central é alterar o paradigma das relacións locais potenciando as comunidades enerxéticas nos municipios rurais de toda Europa. A pesar da abundancia de recursos, as zonas rurais enfróntanse a importantes retos como o descenso da poboación, o acceso limitado aos servizos básicos e a redución das oportunidades de emprego. Estas dificultades tradúcense a miúdo na pobreza enerxética entre os habitantes locais debido ás desorbitadas tarifas enerxéticas. EC4RURAL promove a mellora das relacións entre as autoridades rexionais e locais, e os Grupos de Acción Local para contribuír á Transición cara unha Enerxía Limpa (TEL) en Europa e garantir a inclusión de todas as partes interesadas. Animarase a cidadanía e os actores locais a participar ou beneficiarse dos procesos TEL liderados polas Comunidades Enerxéticas Rurais (CER) empregando a produción de enerxías renovables e a venda de excedentes enerxéticos.
A acción EC4RURAL pretende apoiar cambios no comportamento de consumidores e empresas para fomentar o diálogo público-privado e as inversións que non poden lograrse a nivel individual. Isto alíñase co Pacto Verde Europeo. Ademais, EC4RURAL axudará o desenvolvemento rural na nova Política Agrícola Común, o Pacto Rural Europeo e a Política de Cohesión Territorial.
Este enfoque aplicarase a través de dous proxectos piloto en Estonia e Galicia, con 34 estudos de caso en diferentes comunidades rurais. O obxectivo principal é sentar un precedente e inspirar a replicación non só dentro das rexións participantes, senón tamén en toda Europa a través do noso conxunto de asociados e socios externos, utilizando actividades de comunicación, difusión e explotación.
Para máis información pode descargar o noso tríptico informativo: