Introdución

O Concello de Avión sitúase no suroeste da provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro, a menos de 50 quilómetros da capital provincial. Posúe unha poboación de 1.770 habitantes e conta cunha extensión de 121 quilómetros cadrados. Presenta un grao de urbanización de Zona Pouco Poboada, segundo o Instituto Galego de Estatística.

Pertence ao Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-Ribeiro (GDR12).

Poboación e estrutura demográfica 

A poboación de Avión presentou unha perda de habitantes no período de 1991 a 2022, cun descenso de máis de 1.700 habitantes, o que supón unha redución do 50% da poboación. Nos últimos dez anos, rexistrouse un descenso da poboación de -26,5%, o que mostra unha tendencia a unha perda global de poboación e a un desequilibrio demográfico territorial.

Avión presenta un envellecemento demográfico, onde as persoas de 64 anos reduciuse un -37,6% e a poboación menor de 16 anos reduciuse un -22,5%.

O aumento do índice de dependencia global (IDG) en Avión alcanzou o 127,8% en 2022 e na súa evolución presenta un distanciamento cos valores provincial e autonómico.

Dinámica demográfica en Avión.

Evolución da taxa de dependencia total de Avión, Ourense e Galicia.

Economía

A evolución do Produto Interior Bruto (PIB) segue unha dinámica similar ás observadas en Ourense e Galicia. Entre 2010 e 2016, rexistrouse unha estabilidade do PIB, seguido por un marcado crecemento entre 2016 e 2018, cun 13,7%. Entre 2018 e 2020, diminuíu un -20%, cunha caída moi significativa con respecto a Galicia no seu conxunto.

A Renda Bruta Dispoñible (RBD) amosa un aumento do 35% en Avión ata 2008. Posteriormente, redúcese ata o ano 2014, seguida dunha recuperación do 31% ata a caída do 2020. En 2020, a renda por habitante era do 11.860 euros.

Usando o rexistro de afiliacións á seguridade social como unha estimación do emprego municipal, entre os anos 2011 e 2022, Avión experimentou unha baixa no número de afiliacións totais.

Se analizamos por sectores, no ano 2022 o sector primario representa o 5,6% das afiliacións, o sector secundario representa un 13,5% e o sector terciario conta cun 81%.

En 2022, Avión tiña unha taxa de actividade do 46%. A súa taxa de ocupación era do 37% en 2022. A taxa de desemprego situábase do 16%.

Evolución da Renda Bruta Dispoñible por habitante en Avión, Ourense e Galicia.

Evolución das taxas de emprego, paro e actividade no municipio de Avión.

Recursos enerxéticos

Avión conta cunha dotación enerxética considerable que provén de fontes renovables, especificamente da enerxía eólica.

Cun total de 40 aeroxeradores e unha potencia instalada de 52 MWh, Avión logra unha produción anual estimada entre 105.000 e 130.400 MWh anuais. Non obstante, a diversificación das fontes de enerxía renovables é fundamental para reforzar a resiliencia enerxética do municipio e maximizar o seu potencial económico. A expansión doutras formas de enerxía renovable, como a solar, a hidroeléctrica ou a biomasa, non só contribuiría a reducir a dependencia dunha soa fonte, senón que tamén podería xerar novas oportunidades económicas e de emprego na zona.

O consumo eléctrico estimado de Avión en 2023 foi de 4.600,50 MWh. O consumo residencial foi de 3.317,35 MWh. O consumo dos servizos, incluídos os municipais, foi de 1.214,27 MWh. A industria consumiu 68,88 MWh.