A Rede de Comunidades Enerxéticas organiza o próximo 16 de marzo o primeiro congreso centrado nas Comunidades Enerxéticas e Economía Social que reunirá expertos e líderes do sector para discutir sobre as innovacións e os desafíos deses ámbitos.
Explorarase como estas comunidades están a transformar o panorama enerxético e económico cara un modelo máis xusto e sostible.
No caso do proxecto EC4RURAL, Xavier Simón, como responsable do proxecto, presentará o relatorio titulado Da transición enerxética verde cara á transición enerxética xusta: o caso de Galicia.