RECURSOS

Procura artigos, informes, estudos de caso, presentacións de eventos e vídeos relacionados co proxecto. Nesta sección estarán dispoñibles os recursos relacionados co proxecto desagregados en:

  • Publicacións
  • Informes
  • Videos

PUBLICACIÓNS

VIDEOS

INFORMES

Comunidades Enerxéticas no mundo rural

A xornada Comunidades Enerxéticas no mundo rural: retos, oportunidades e realidades. Formando a formadores e decisores, celebrada o pasado 23 de novembro de 2023 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da UVIGO estivo organizada polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA). Esta xornada formou parte do programa de actividades do proxecto EC4RURAL.

O OEGA é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia que naceu da colaboración entre a Fundación Isla Couto, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Paideia Galiza, a e a Universidade de Vigo. Esta alianza público-privada é indispensable para formar tratar de cooperar no camiño de facer partícipes aos colectivos rurais dos procesos de transición enerxética.

A actividade contou coa participación de máis de 70 persoas e colectivos de ámbitos tan diversos como as administracións locais, os grupos de desenvolvemento rural, as comunidades de montes, as pequenas distribuidoras de enerxía, asociacións de consumidoras, profesionais das empresa enerxética etc.

Presente e futuro das comunidades enerxéticas. O papel das entidades locais

Jorge Andrey Sterner, avogado e socio do bufete Schlaich Dauss SLP, abordou o presente xurídico e do futuro posible das comunidades enerxéticas como ferramenta ideal para empoderar e achegalas á cidadanía incidindo no papel crucial das entidades locais nese proceso ao ser a administración local a máis próxima á cidadanía.

Modelos de negocio cooperativos para comunidades enerxéticas

JJesús Sánchez-Ostiz, director xeral da Rede de Comunidades Enerxéticas S. Coop. Navarra, adentrounos na rede de comunidades dándonos algúns datos clave. Explicou o caso de éxito de Esparza, a primeira comunidade enerxética de Navarra, e a súa evolución desde 2019. Aporta unha visión esquemática das barreiras e das pancas das comunidades enerxéticas, e finaliza detallando o seu modelo de negocio cooperativo para as comunidades enerxéticas.

Comunidades enerxéticas con propósito… para unha transición xusta

Juan Carlos Sacristán Antoni, presidente de Sapiens Energía, preséntanos a Sapiens Energía como unha sociedade cooperativa de consumidores e usuarios, e de traballo asociado. A súa visión caracterízase por estar localizada no ámbito local cunha entidade xurídica de 50 qm, cunha visión a longo prazo do autoconsumo colectivo e cun especial énfase na participación social con entidades xurídicas con capacidade de decisión autoxestionadas.

Proxecto Albalat 0,0

Nicolau Josep Claramunt Ruiz, alcalde de Albalat dels Sorells, presentounos o desenvolvemento da iniciativa comunitaria nun municipio de 4.100 habitantes. Baseados na proposta do concello de Rubí, comezaron a súa andadura caracterizándose por promover a redución das emisións. A súa filosofía é reducir o consumo enerxético, xerar un aforro económico e investir ese aforro para seguir mellorando.

Portell solidario e sostible

Álvaro Ferrero Ferrer, alcalde de Portell de Morella, mostrou o caso dun concello pequeno do rural, de 178 persoas, compatibilizando o desenvolvemento comunitario poñendo o foco na solidariedade e na sostibilidade con accións medioambientais.

Experiencia das Comunidades Enerxéticas de Álava

Rafael Larreina, presidente da Rede de Comunidades Enerxéticas S. Coop. Navarra, contextualizou a rede de comunidades e preentounos os tres modelos comúns da maioría das comunidades enerxéticas do rural e do traballo en fomentar os procesos participativos, empoderando ás persoas para cambiar o modelo de xestión da enerxía.

Comunidade Enerxética Urroztarra, Navarra

Carmentxu Etxarte, presidenta da Comunidade Enerxética Urroztarra, esclareceu a súa experiencia na cooperativa, os seus logros, as súas dificultades pasadas e futuras, e a ilusión por continuar crecendo e formando parte das comunidades enerxéticas.

Comunidade Enerxética Garesbide. Nafarroa

Raquel Campillo, presidenta da Cooperativa Garesbide de iniciativa social, tratou a experiencia da súa comunidade, os seus retos e as dificultades da súa cooperativa, sen esquecer a ilusión por continuar e mellorar nas iniciativas locais de fortalecemento do tecido social e rural.

Comunidade enerxética Arousa en Transición

Ana Millán Dieste, presidenta da Asociación Arousa en Transición, tratou a experiencia do grupo promotor da Illa de Arousa para converterse na primeira iniciativa comunitaria en Galicia.

Cooperativa Enerxética Cidadá de Arteixo Sociedade Cooperativa Galega

José Manuel Álvarez Campana, presidente da empresa pública Sumarte, do Concello de Arteixo, presenta a iniciativa da Cooperativa Enerxética Cidadá de Arteixo, unha iniciativa que nace da colaboración entre Ekiluz, do grupo REPSOL e o Concello de Arteixo co obxectivo de impulsar a implantación dunha comunidade enerxética local na que se poida beneficiar a cidadanía do concello.

Transición enerxética na Terra Chá. O caso da comunidade enerxética de Begonte

José Ulla, alcalde de Begonte, acompañado de Miguel Angel Zamorano, de Masinteligencia SL, compartiron o desenvolvemento enerxético renovable nun concello rural e sinalando as dificultades técnicas, administrativas e ambientais para levalo a cabo.

As comunidades enerxéticas rurais transfronteirizas: unha realidade emerxente no poder da cidadanía

José Luis Pascual Criado, director xeral do Agrupamento Europeu de Cooperação Territorial Duero-Douro, fai un percorrido desde o pasado ata a creación da cooperativa EFIDUERO coa que se pretende conseguir unha enerxía para o pobo, é dicir, unha independencia enerxética.