Introdución

O Concello de Mazaricos sitúase na comarca do Xallas, ao leste da provincia da Coruña.

Posúe unha poboación de 3.760 habitantes en 2022 e conta cunha extensión de 187 quilómetros cadrados, presentando un grao de urbanización de Zona Pouco Poboada, segundo o Instituto Galego de Estatística.

Pertence ao Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte (GDR22).

Poboación e estrutura demográfica 

A poboación de Mazaricos presenta unha dinámica demográfica caracterizada por un decrecemento rexistrado no período de 1991 e 2022, o que supón unha perda do 46%, unha cifra notable superior ao descenso do 1,5% rexistrado en Galicia no mesmo período e, no sentido contrario, na Coruña rexistrouse un crecemento do 2% da poboación.

O aumento do índice de dependencia global (IDG) en Mazaricos alcanzou o 80% en 2022, distanciándose do 60% do índice galego e provincial.

A pirámide demográfica reflicte un estreitamento da base da pirámide de poboación e unha dilatación da parte superior en comparación coa pirámide galega. A idade media tamén aumentou, alcanzando os 54 anos.

Dinámica demográfica en Mazaricos.

Evolución da taxa de dependencia total de Mazaricos, A Coruña e Galicia.

Economía

A evolución do PIB presenta unha dinámica de crecemento particular con períodos de gran crecemento e períodos de lixeira diminución. Ao longo do período de 2010 a 2020, amósase un crecemento preto do 11%, a diferenza da redución do PIB total sufrida no conxunto de Galicia (-2 %) y de A Coruña (-0,26 %).

A causa da pandemia, o PIB redúcese en Mazaricos a un -7,3%, un – 10,5% na Coruña e un – 7,7% en Galicia.

A Renda Bruta Dispoñible (RBD) por habitante en Mazaricos reflicte un patrón de crecemento similar ao observado no conxunto de Galicia e na provincia, cunha taxa de crecemento interanual medio do 0,5%. Desde 2002 a 2019 o incremento foi do 12%, o que permitiu alcanzar os 12.800€ por habitantes en Mazaricos, aproximadamente 3.800€ inferior á media galega.

Usando o rexistro de afiliacións á seguridade social como unha estimación do emprego municipal, obsérvase

un descenso do -18% das afiliacións no sector primario no municipio, unha redución moi próxima á experimentada no conxunto do conxunto galego e provincial cun -20%. O sector secundario presenta un incremento moi importante no número de afiliados, un 19%, mentres que as agrupacións territoriais de Galicia e A Coruña perden un 3% e un 4% respectivamente. O sector terciario gaña peso no municipio cun incremento do número de afiliados próximo ao 7%, pero inferior ao incremento do 14-15% dos conxuntos territoriais.

A estrutura produtiva de Mazaricos está marcada por un sector primario que impulsa a economía local, cunha gandería de gran relevancia. A produción de leite e carne sitúa ao municipio como líder da provincia e cuarto de Galicia en volume de produción, contribuíndo en gran medida á xeración de emprego. Así, en 2022, o sector agroalimentario de Mazaricos supón arredor do 34% das afiliacións do municipio, unha proporción moi superior á dos conxuntos territoriais, que roldan o 5%. O sector secundario representa o 25% das afiliacións, aliñadas coa representación rexistrada a nivel galego provincial. O sector terciario aglutina o 43% das afiliacións do territorio, unha proporción moi inferior á do conxunto galego e provincial, que se sitúan por riba do 70%.

En 2022, Mazaricos tiña unha taxa de actividade que se situaba no 72%, superior ao 55-58% en 2011. A taxa de ocupación de Mazaricos parte do 49% en 2011 e crece acadando un 68% en 2022. A taxa de paro está nun 8% desde o 18,5% de 2011.

Evolución da Renda Bruta Dispoñible por habitante en Mazaricos, A Coruña e Galicia.

Evolución das taxas de emprego, paro e actividade no municipio de Mazaricos.

Recursos enerxéticos

Mazaricos destaca na súa produción enerxética de fontes renovables, derivada dos muíños eólicos e da enerxía hidráulica.

No ámbito eólico conta cunha potencia instalada de 98 MW distribuídos en 123 aeroxeradores, o que se traduce nunha produción estimada de 253.583 MW anuais. Dispón tamén dunha capacidade hidráulica de 1,4 MW.

O consumo eléctrico de Mazaricos en 2023 foi do 14.125,57 MWh. 5.968,29 MWh foi o consumo residencial. O consumo dos servizos, incluídos os municipais, foi do 2.251 MWh. A industria consumiu 1.950,41 MWh. Cómpre sinalar que hai 3.955,87 MWh non especificados.