Comunidades Enerxéticas Rurais

Que son os concellos rurais?

Os concellos rurais son aqueles que contan con zonas menos densamente poboadas, con comunidades pequenas e dispersas no territorio. Caracterízanse por ter abundantes recursos naturais, cruciais na reprodución xeral do sistema económico.

As rexións rurais da UE, que ocupan o 44,6% da superficie da UE e acollen a 93,1 millóns de persoas (o 20,8% da poboación total da UE), enfróntanse a unha serie de retos pese a súa riqueza en recursos. Entre eles, está o envellecemento demográfico, que se traduce nun descenso no número de persoas en idade de traballar, a debilidade do mercado laboral e a despoboación de determinadas zonas rurais e remotas. Outros retos aos que se enfrontan as zonas rurais en comparación coas urbanas son a falta de infraestruturas e a prestación de servizos, unha economía pouco diversificada, ingresos baixos unidos a un maior risco de pobreza e exclusión social, e o abandono de terras de cultivo.

Porqué nos centramos nestes concellos?

Usouse o grao de urbanización (DEGURBA) de Eusrostat. É unha clasificación que indica o carácter dunha zona. Baseándose na proporción da poboación local que vive en agrupacións urbanas e en centros urbanos, clasifica as Unidades Administrativas Locais (UAL) en tres tipos de zonas: cidades (zonas densamente poboadas), vilas e suburbios (zonas de densidade intermedia) e zonas rurais (zonas escasamente poboadas).

En Galicia, 240 de 313 municipios e en Estonia 62 de 79 municipios son áreas rurais. Convidouse a ser parte do proxecto EC4RURAL á totalidade deses municipios. Os que responderon afirmativamente asinaron unha carta de apoio ao proxecto.

Cales son? En Galicia e Estonia

En ambos países a poboación rural sufriu un pronunciado descenso (de 2012 a 2021, en Estonia pasou de 41,1 a 36,2 mentres que en España pasou de 26,7 a 13,1. Así mesmo, en ambos países o índice da renda real dos factores da agricultura por unidade de traballo anual (117 e 123) está lonxe da media europea (143) e a renda empresarial neta da agricultura é de 70,8 e 103 respectivamente, sendo 100 no ano base 2015 e a media da UE 107,3. A taxa de desemprego en persoas de entre 1 e 74 anos nas zonas rurais é menor en Estonia (6,7) que na UE (9,1), mais en España é de case o 25%. As zonas rurais tamén se ven máis afectadas pola pobreza e pola exclusión social. Segundo Eurostat, as persoas en risco de pobreza ou de exclusión social en zonas rurais en Estonia pasaron dun 2 a un 27,1 entre 2011 e 2020, e en España dun 31,4 a un 29,1. A media europea para o mesmo período foi do 30 ao 22,8%.

En Galicia, os concellos que participarán no proxecto son:

Avión, Becerreá, Entrimo, Mazaricos, Moeche, Monterroso, Muíños, Muras, Ordes, Ourol, Outes, Palas de Rei, A Pobra de Brollón, O Rosal, Salvaterra de Miño, Silleda, Sober, Tomiño, Tordoia, O Valadouro, Vedra e Vilasantar.

En Estonia, os concellos que participarán no proxecto son:

Alutaguse vald, Elva vald, Hiiumaa vald, Järva vald, Lääne-Harju vald, Põltsamaa vald, Rõuge vald, Saku vald, Tori vald, Türi vald, Viimsi vald e Viru-Nigula vald.

ALL

ESTONIA

SPAIN

ALUTAGUSE VALD

ELVA VALD

HIIUMAA VALD

JÄRVA VALD

LÄÄNE-HARJU VALD

PÖLTSAMAA VALD

RÓUGE VALD

SAKU VALD

TÚRI VALD

VILMSI VALD

VIRU-NIGULA VALD