Entre o 11 e o 13 de abril, a FEGAMP, unha das entidades socias de EC4RURAL, acudiu á feira ExpoMunicipal en Silleda para presentar o noso proxecto e CEL RURAL, no que tamén participa. Ambos promoven as comunidades enerxéticas nos concellos galegos no rural.
No seu discurso de benvida, Secundino García, vicepresidente segundo da FEGAMP e alcalde de San Sadurniño, destacaba que, en Galicia, as comunidades enerxéticas son una vía empoderamento local e social porque promoven un sistema enerxético descentralizado, democrático e sostible. “É un sistema que permite aproveitar os recursos renovables endóxenos dos territorios, ao tempo que se xeran oportunidades de emprego verde e de calidade que contribúan á fixación de poboación nos territorios rurais”, puntualizaba.
O coordinador de EC4RURAL tamén puido achegarse á posto da FEGAMP na feira xunto con outros responsables do equipo técnico do proxecto.
ExpoMunicipal 2024 é a primeira feira de produtos, servizos e tecnoloxía, deseñada para que os concellos, sobre todo os de menor tamaño, obteñan información especializada sobre problemáticas ás que teñen que facer fronte, con solucións que poidan achegar empresas de distintos sectores e entidades de múltiples campos. Nesta edición inaugural compartiu calendario e sede no recinto Semana Verde de Silleda, co foro bianual Enerxética, unha coincidencia que, seguro, permitiu axuntar sinerxías.